Pombiña de pombal

Asemellas a mesma pomba
do espírito santo.
¿Que grácil mensaxe
trae a túa figura
desta vez?
¿Onde deixaches
A folliña de loureiro?

Ti tan fermosa
e sempre de branco
cos olliños de luz viva
e as mans límpidas.
Ti tan liviá
no teu ánimo Es
Remuíño de sentimentos.

¿onde é que Ti,
pombiña de pombal,
traela proba
de que tornou a vida?

2 comentarios:

  A do outro lado da xanela

13 de noviembre de 2009, 5:59

Pombiña de pombal... sempre veñen, ás veces voltan... e normalmente, volven camufladas doutra cousa...

Quen puidera voar, tantas veces...

Bico!

  Fitinho

13 de noviembre de 2009, 13:07

quen puidera si.
bikinhos